





Non tardarán en verse xa os talos floríferos da pachicarpa soerguerse do mesto verdor das follas. No mes de abril andarán xa uns poucos en flor. Ogallá esta coreña entrada, que neste punto vai rematando, vos dese a recoñecer esta especie, á forza moi vista, e ao mellor deixamos de vela coma un outro herbaxón digno de ser agadañado (... e non será a cicuta?) e vemos nela un espectacular emblema do cabedal botánico da nosa bisbarra.
Ogallá.
Agradecido.

Nota marxinal: a "tormenta perfecta" é aquela que se anuncia e non aparece. A ver se hai sorte.
Verdadeiramente chama a atención o brillo e mesmo a dureza das follas da pachycarpa a quen estamos máis afeitas as anxélicas moito máis "herbáceas" das terras baixas do interior. Benvido sexa ese brillo nunha tarde compostelá na que por momentos parece que quere entrar esa borrasca que esperamos, no senso que ti dis, sexa perfecta.
ResponderEliminarPois venme moi ben a túa entrada: hai tempo veu un dos meus tíos cunha foto que lle fixera a un exemplar desta planta. Seguro que xa a vira moitas veces, pero un día deulle por reparar nela, e gustoulle, fíxolle fotos, e enseñoumas pensando que eu sería quen de darlle algunha explicación. Souben decirlle que que tiñamos que mirar dela que era unha desas plantas que son exclusivamente nosas, porque xa alguén mo explicara algunha vez, e quedei de buscar máis información e darlla, así que xa me aforrache o traballo.
ResponderEliminarDa tormenta non sei se daremos safado...
Un saúdo
Boas...alédame que esta escrita sobor dunha homilde herba, prenda no voso interés. Hai moitas outras, tamén endémicas, ou escasas a nivel galego e peninsular, das que pouco á pouco procurarei ir dando noticia.
ResponderEliminarPois parece que nos fumos safando da "cicloxénese explosiva" e da "tormenta perfecta". Que por certo,¡ Vaia cos nomes! Poseidos ambos dunha petición de principio de terror isobárico.
Aterroriza, que se vende mello.
Saúdos, graciñas por seguirdes aí.
Olá, entrei hoje por casualidade neste blog e já fiquei nel durante um bom ratinho. :-) Parabéns pola qualidade das fotos, polo interesse dos temas e polo ameno dos comentários. Por aportar algo (ainda que é totalmente inecessário) só comentar que esta planta já não é só nossa. Foi introduzida na Nova Zelándia, onde seica está bastante espalhada. Até o ponto que os viveiristas anglo-saxões a vendem como "New Zealand angelica"!! Cousas veredes.
ResponderEliminarUm saudo.
Benvido ao bló, Miguel...non sabía nada da introducción da pachicarpa na Nova Zelanda... de novidade inecesaria ren de ren, ao contrario dato valioso e moi interesante...que a anden traficando os viveiristas é dato que debe facernos reflexionar, sobre as múltiples riquezas que posúe a Galizia e o pouco que sabemos de concederlles un valor engadido.
ResponderEliminarObrigado pola visita ao bló e polas túas garimosas e sentidas verbas. Non perdas as mañas.
Un saúdo portulego.