XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

venres, 24 de febreiro de 2023

A Real Academia de Ciencias de Galicia apoia o 9 de Marzo. Suma e sigue.


        

 Veño de recibir, encantado da vida, un comunicado de Juan Lema  presidente da Real Academia de Ciencias de Galicia, confirmándome que a institución que preside expresa a súa adhesión á conmemoración do Día do Naturalismo Galego o día 9 de Marzo, natalicio de Martín Sarmiento. Adhesión que ben me entenderedes vai encher de orgullo e satisfacción á todos os naturalistas, por canto poda siñificar de recoñecemento e consideración ao seu traballo de investigación, indagación e protección do medio natural. Labor que por riba no caso dos máis deles é anónimo e altruista, e estase a desenvolver con rigor científico, traballo arreo e paixón sen tasa. Seino ben. Coñezo a moitos, trato a algúns e aprendo de todos. A todos eles o meu agradecemento, de todo corazón.

Debo asimesmo agradecer ao Consello da Cultura Galega, -e é de xustiza personalizar na figura da súa presidenta Rosario Álvarez que con tanto interés coma amabilidade e dilixencia se puxo á nosa disposición-  que nos abra as portas da súa sede pra podermos ofrecer o vindeiro día 1 de marzo, mércores, as 11 horas, unha rolda de prensa na que poidamos presentar á sociedade  o nacemento o vindeiro día 9 de Marzo do primeiro Día do Naturalismo Galego en conmemoración do natalicio de Martín Sarmiento, a quen dende agora, os naturalistas galegos consideramos o noso padriño, pois que dúbida caiba que o nacer Perucho, seu nome familiar, dalgún modo nacimos todos.

Agradecemento público debo expresar asimesmo a Henrique Monteagudo, mestre de sarmientistas, secretario da Real Academia Galega, editor da magna Obra de 660 pregos. De Historia Natural e de todo tipo de erudición, -fito sobranceiro na edición impresa da obra sarmientiña- quen dende a primeira hora, e tal vez antes, estivo e está a apoiar esta idea e co seu alento  facela avanzar e arribar a porto firme e seguro. Mil mercedes.

Agora queda por diante un camiño e un labor ao que eu non teño posibilidade de chegar: o voso compromiso concreto na realización de actividades, actos, comentarios en redes, publicidade, e expansión da idea pra que se semente, prenda e froite en terra galega. A terra é farturenta, pero sen labregos non dá nada. Aí eu non podo facer outra cousa que poñerme á disposición de quen entendese que poida ser útil pra calquera cousa que estivese da miña mao. 

Por exemplo enviarvos os arquivos das láminas-imaxes-carteis que van acompañando estas miñas palabras por se fosen do voso gusto e pensades que poden ser de interés pra publicitar o Día do Natuuralismo Galego. Os máis vellos seguidores deste espazo, recoñecerán  que hai máis dunha década ilustraban a cimeira do blogue. Regresan hoxe, reviven propiamente, do pasado coa mesma intención explícita que naceron: expresar unha manifestación, unha manifa propiamente, de vida multitudinaria que berra: Estamos aquí e estamos vivos!!!  Queremos seguir aquí e seguir vivos!!!  Todas e cada unha das vidas que iluminan estas láminas son, non podía ser doutra maneira, xente que vive ao noroeste do Noroeste da Galicia. Agradecido.

Queda a cousa por hoxe acó.

Sede bós que guapas xa sodes.

A mandare.



 Suma e sigue. Copipega de adhesións.

Sociedade Galega de Historia Natural, Os Amigos dos Museos de Galicia, A Chave dos Nomes en Galego, o blogue Bichos  y demás familia,  a marca de artesanía ecolóxica De Lorenzo son son as primeiras asociacións ou instancias que me autorizaron a expresar o seu apoio público a idea. A nivel particular Antón Cortizas,  poeta, escritor autor do monumento etnógrafico Tastarabás, Cosme Damián Romay Cousido, biologo, eminente ornitólogo e naturalista, Silverio Cerradelo, lingüista, veterinario, creador de A Chave, ese proxecto léxico sen par;  Felipe Senén, museólogo; Emilio Ramil, arqueólogo; Carlos Silvar, ilustrador e artista naturalista,  Uxío Leira cadeirádego de EM; Carmiña DeLorenzo, mestra e artesana; Xabi Prieto, naturalista  e blogueiro; Xan Silvar, ornitólogo e  naturalista; Serafín González, naturalista e investigador científico do CSIC, son as primeiras vontades que conceden o seu apoio a nomearmos a data do nacemento de Martín Sarmiento, 9 de Marzo, como Día do Naturalismo Galego Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, o Colectivo Rampla, Remo Ravolución S.C. e a revista Xeografía Local, ambas  tres de Cedeira, Muiño do Vento, Asociación sociocultural de Canido; D. Rafael Usero, historiador, cronista Oficial da Vila e Terra de Cedeira, Paulo Vicente Monteagudo, músico, profesor de EM; Manolo Dios, irreducible activista, exconselleiro do Concello de Santiago por Compostela Aberta, Helena Leis, profesora santiaguesa, Fernando Bouza, poeta, pintor industrial, activista cultural Discalzo, Ricardo Hevia, eminencia da ornitoloxía, Sonia Aguiar, profesora, botánica e naturalista, Miguel Angel Fernández, funcionario, fotógrafo e naturalista de paixón,  Antom  Fortuna, vixiante de recursos naturais no PN de Corrubedo, Xosé Penas Patiño, mestre de ornitólogos e naturalista, Álvaro Polo, ornitólogo, fotógrafo e artista dos pinceis, Antonio Pernas, "Toñito do Barqueiro", naturalista, fotógrafo e técnico agrícola.. Rosalía Pazo Maside, artista; Jesús Valmaseda,  escultor; Pepe Cáccamo, escritor; Anxel Huete, pintor; Tono Carbajo, fotógrafo; artista, Miguel Anxo Rodriguez, profesor de Historia da Arte na USC, Saúl de La Peña, biólogo, naturalista da cerna, Ana López Bañobre, enxeñeira técnica; Manolo Rico, médico no hospital Juan Cardona; Susi Quintana, periodista da TVG; Álvaro Pérez Pérez, naturalista, estudante de Bioloxía; Paco Girón, vedraño naturalista da SGHN; Loli Rubido, guía local; Jesús Quintana, médico do Sergas; Mª Xosé Rodriguez, arqueóloga e concelleira polo BNG; Martina Horta Pérez, bióloga e profesora; Jose Arribe, activista cultural incansable; Quique Vázquez, dinamizador cultural do concello de Cedeira; Dora Yañez, licenciada en filoloxía; Lucía Brage, Doctora en Protección do Patrimonio; Manuela Loureiro Leonardo, profesora de Ciencias no IES Punta Candieira; Luis Rubido, avogado e concelleiro polo PP; Margarita Ledo Andión, cineasta e catedrática da USC; Juan Oubiña, profesor titular de Botánica na facultade de Farmacia da USC; Susana Franco Maside, bióloga; Daniel Río Rubal "Caxigueiro" artista plástico; Flora Núñez Sánchez, docente; Clara Cerviño Becerra, bióloga e ilustradora científica; Andrés Leira, mariño mercante; Xabier Viana Tomé, xornalista; Isaac Pérez Vicente, artista; Marta Viana Tomé, comunicadora de museos; Agar Ledo Arias, historiadora da arte; Vítor Vaqueiro, escritor e historiador da fotografía;  o Museo Mares de Cedeira,  con toda a súa directiva arrimada; e a Asociación Cultural Flor De SantiagoReal Academia Galegaven de decidir apoiar a todos os naturalistas na proposta de adicarmos o día 9 de marzo, natalicio de Sarmiento, como Día do Naturalismo Galego que a Academia fai seu.  A canda ela chegou  tamén estes días o apoio do vedraño, laborioso e incansable  Grupo Naturalista Hábitat de A Coruña, a a quen damos parabéns e con el nos felicitamos por ser oficialmente declarado  Asociación de Interés Público, que sentimos propia.  E a canda a eles a dinámica A. C. Terras de Ortegal  e o Clube de Lectura de Ortigueira, e aos que se lle arriman os de Pablo Moredaalcalde de Cedeira polo PSOE; Luis Sirvent, coleccionista de arte; Angel Cerviño, artista plástico; Marta Becerra Manso, restauradora de bens culturais; Dulce Carro Etchepare, mestra e coordinadora de Biliboteca; José Yusty, xuíz; Saúl de la Peña, biólogo, naturalista; Cecilia Fernández, xornalista e comunicadora; Purificación González, profesora de EM; Lucía Picos, topógrafa; Rosalía Cortizas, historiadora da arte e educadora infantil; Xaquín López Gómez, profesor de EM xubilado; Edorta López, profesor de conservatorio; Estefanía Fernández, conserxe, Margarita Fernández, mestra; e o eminente Santiago Ortiz Núñez, catedrático do Departamento de Botánica da USC.Verdegaia, asociación ecoloxista; Nordés, Asociación de desenvolvemento das terras da Faladora; Son do Sor, Asociación Cultural; Xurxo Souto, artista, escritor, comunicador social; Rosana Rey, periodista; Pablo Bermúdez mestre, acordeonista; Félix Díaz Hermida, doctor en informática; Alba Yañez, mestra de EI; Ecoagroturismo Arqueixal, emprendimentos de respeto natural; Xosé Manuel Pita, mestre xubilado; Lois Pardo, xestor cultural; Xosé Arriví, psicólogo, María Rodriguez Santiago, TCAE no CHUS; esta crónica no blogue Bichos e demais familiaXosé Antonio Leonardo, químico; Deli Labraña, enxeñeira técnica agrícola no centro de Mabegondo;  ADEGA vén de adherirse a considerar a data natalicia de Martín Sarmiento, día 9 de marzo ben acaída pra celebrarmos o Día do Naturalismo Galego. A canda ADEGA, recibimos encantados as adhesións de Guadi Galego, cantautora, artista plena; Marisa Castro, eminente micóloga, escritora, divulgadora; Manuel Cabada Castro, filósofo e teólogo; Nés Vilela, Cámara de TvA3media; Ramsés Pérez, educador ambiental; A Horta de Chema e María Ibarra, agricultura natural en Couzadoiro; Curra Figueroa, escritora, activista; Marga Rubido Bará, bióloga; Luis González, Cadeirádego de Fisioloxía Vexetal na Universidade de Vigo; David García, comercial nos EEUU; Juan Andrés López, meu fillo; Iria García Moreiras,  que outra cousa de si non dixo e Carlos Abal, fotógrafo, cámara da TVG. Entre as novas adhesións que nos van chegando alistamos con orgullo e moita satisfacción ao CONSELLO da CULTURA GALEGA, lar e fogar da cultura nosa; aos Amigos Da Terra asociación ecoloxista; o Excm. Concello de Cedeira, coa unanimidade de todos os grupos; a Federación Ecoloxista Galega, que acolle a moitas; á Sociedade Galega de Ornitoloxía, niño de paxareiros; á Sociedade de Instrucción e Recreo "La Devesana", da parroquia d´Os Devesos, Ortigueira; a Regina Vega, profesora na universidade de Vigo, escritora; Rita Vázquez Domínguez, xubilada do ensino; María Carmen Pérez-Avila TaboadaAlberte García Tobío, letrado da Administración de Xustiza, xubilado; Javier Díaz, músico, mestre maior de acordeonistas; Juan Jesús Permuy, garda rural; Roxelio López, hostaleiro; Luismi Sancho, xubilado de seguros; Marías de Ortigueira, carteiro...e a túa ben o sabemos non vai tardar en chegar. Non hai présa.

PAZ  E  PALABRAS





(Estas son as que están, pero non son todas as que hai).


3 comentarios:

  1. E nom seria melhor o dia do seu passamento? digo-o porque essas datas já andam bem saturadas de assinalamentos; 8 de Março pola mulher trabalhadora e 10 de Março o dia da classe operaria galega

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Meditar meditouse e balánceouse: pero pouco. O seu pasamento ocurreu un 7 de decembro. E en sabendo a data souben, instantáneamente, que non era máis acaída. Todo o mundo de larganza e folganza e as escolas e aulas pechadas. Mellor compartir veciñanza coas mulleres, con todas, non só coas traballadoras e cos poucos obreiros que quedan.É o meu parecer. Graciñas por andares de visita polo noroeste do Noroeste. Non perdas as mañas.

      Eliminar