Os crisomélidos son cecáis a familia máis numerosa dos coleópteros. Na Europa contánse arredor de 650 especies diferentes. Na súa maior parte herbívoras. Emparentados coas cerambícidos, de xeral de corpo alongado e antenas moi longas, moitos manteñen una línea corporal semellante e antenas dun tamaño medio. Abundan as especies con brillos metálicos nos élitros e con cores vistosos e chamativos.
A miña colección de crisomélidos clasificados non chega as dúas ducias, dende logo non son todos os que son na comarca, son tan só aqueles cos que me fun tropezando polo monte, e se deixaron fotografar. Non moi ben; moitos deles van fora de foco. Mágoa de fotero.
A Crhysolina fastuosa foi determiñada por " el mismísimo Frank Koelher" que a examinou nas páxinas de Insectarium Virtual. http://www.insectariumvirtual.com/galeria/Chrysolina-fastuosa-NFA-img18031.search.html
Insectarium virtual é unha páxina que paga a pena ver. Non pola miña galería, que non chega as 230 fotos, se non polas 18.000 fotos anuais de insectos que suben os afeccionados e que os expertos clasifican.
A miña colección de crisomélidos clasificados non chega as dúas ducias, dende logo non son todos os que son na comarca, son tan só aqueles cos que me fun tropezando polo monte, e se deixaron fotografar. Non moi ben; moitos deles van fora de foco. Mágoa de fotero.
A Crhysolina fastuosa foi determiñada por " el mismísimo Frank Koelher" que a examinou nas páxinas de Insectarium Virtual. http://www.insectariumvirtual.com/galeria/Chrysolina-fastuosa-NFA-img18031.search.html
Insectarium virtual é unha páxina que paga a pena ver. Non pola miña galería, que non chega as 230 fotos, se non polas 18.000 fotos anuais de insectos que suben os afeccionados e que os expertos clasifican.
Oedionichus cinctus non é nen moito menos dos máis doados de ver. Dotado dun sistema de defensa nas articulacións que lle confire un salto instantáneo, (resorte, daí o atrevemento de argallar o verbo resortar), usa del ao mínimo sentir.
Cryptocephalus é un xenero moi complicado de determiñar. Inclúe numerosas especies e todas bastante parecidas. Pareceme a min que éste está ben determiñado: Cryptocephalus vittatus. Estaba nos campos de Pantín, á solada.
Calomicrus cincunfussus, pequeno, alongado, grandes antenas, lembra a forma dos seus parentes cerambícidos. A mancha globosa e laranxada é unha carracha que, a xuzgar polo lustre, parece ir ben farta.
Sphaeroderma testaceum
Sphaeroderma testaceum, diminuto coleópero dun vivo encarnado acharolado. Difíciles de ver, viven no fondo das herbas. Fotografado nunha cuneta, nas Somozas. Vexetariano, como se ve. Chrysomela varians sobre Senecio intergrifolius
Chrysomela varians, común pero non moi abondoso, é un bonito escarabello verde metalizado. E fácil de confundir con outros escarabellos verdes, pero na bisbarra Ch. varians é o máis normal.
Chrysolina banskii é un dos máis comúns é abondosos escarabellos. Pode verse en todo tipo de hábitat e sobre numerosas e diferentes plantas. Oscuro, metalizado e coas patas avermelladas é moi fácil de encontrar e recoñecer. O exemplar da foto amosa o importante que son os élitros para a protección destes bichiños: leva abolladuras moi visibles
Chrysolina fastuosa é un fermosísimo escarabello de vivos e relocentes cores. Escaso e dun tamaño discreto non son moitas as ocasións de botarlle un ollo. O da foto o único que vin na miña vida. Visto no Machuco Vello, nas Somozas, no sotobosco da ribeira do río das Somozas, que da no Río Xubia.
Lilioceris lilii sobor dun lirio, súa pranta nutricia.
Lilioceris lilii é moi fácil de ver en calquera lirio dos xardíns. Activos xa dende moi cedo na tempada, esta foto é de marzo, é frecuente observar tamén a súa larva, vermella, rugosa e coa característica e ir botando, e levando, o excremento ás costas.
Melasoma populi é moi común durante toda á temporada, observándose exemplares incluso en outubro. Bichiño moi calmado e confiado, deixase observar con facilidade sen querer fuxir. Moi fácil de ver.
Leptinotarsa decemlineata foi unha verdadeira praga nos cultivos da pataca. Hoxe coa disminución deste cultivo, este crisomélido baixou moitísimo as súas poboacións. Na miña infancia era de lonxe o escarabello máis abundoso. Xa dixen, era unha praga.
Chrysolina gipsophilae non é nada fácil de ver por ser escaso. Máis normal a fin do verán no mes de setembro é cando se deixan ver e gustan das teras abertas e soleadas, os sistemas dunares, por exemplo. Característica é a banda encarnada que adorna a parte baixa dos élitros.
Crioceris asparagi sobor de Asparagus officinalis, o espárrago, planta na que vive.
Crioceris asparagi é un pequeno e precioso escarabelliño que vive case exclusivamente nas dunas, alí onde se de o esparrágo silvestre. Morouzos e as plaias cara o leste, onde esta planta abunda máis, teñen máis posibiidades de crialo. Este exemplar é do Barqueiro, da plaia de Esteiro, onde o esparrago dase ben.
Coptocephala é xénero dificilísimo, case imposible, de clasificar por foto. E como eu nunca recolecto nen animais nen prantas, así es que estes defamados coptocefalos quedaran co seu nome xenérico. Están fotografiados en Pantín coma poidera ser en calquera plaia. Danse en todas.
Chrysolina polita sobre Lycopus europaeus
Chrysolina polita é bastante frecuente na bisbarra e moi escaso en toda a España non cantábrica. Diferenciase de melasoma, polo pronoto ( cabeza, máis ou menos) de cor verde-azuada. Un dos escarabellos dos que podemos disfrutar na nosa comarca.
Bonita serie con interesante nota informativa
ResponderEliminarAgradecido Jorapavi...algunhas xa as terías visto en Insectarium..Saúdos
ResponderEliminar