Por un 2009 sen varreduras ¡MENOS CONSUMO!
Primeiro día do ano. Plaia das Sonreiras. Lonxe das infinitas varreduras humanas.
Un extraño día de sureste. Grisalbo e maino. Triste e lixugado. Pingueiro e tépedo.
Os humanos armaron un acceso moi azoso: non deixan curruncho baleiro.
Había anos que non baixaba. Entretuveronme as pedras, e as luces dunha estrelamar.
As fermosas liñas do metamorfismo nas areniscas, ¡qué tanto as mirei de cativo!
... e máis fotos que hai...pero ou é que eu non sei... ou é que blogger non sabe... ou é que perdimos as habilidades... pero non podo mover as imaxes a onde quero... así es que si estás aí, perdón por esta entrada interrumpida... pasa un bó ano... éste e os que veñan.
Despóis de Data: arrimo esta outra foto da estrela de seis brazos...estaba bastante arriba...agradecido de novo a Juan polo seu comentario e o seu achego...moi interesante.
Hola Rafael:
ResponderEliminarAcabo de descubrir este blog pola reseña que lle fan no blog de Galician Birding, unha auténtica alegría. Mirei agora con presa todo un pouco por encima, pero aseguroche que o seguirei con detemento e atención.
Por suposto que en canto me sexa posible estará agregado na lista de blogs amigos que aparece no meu, que o teño algo desatendido desde hai uns meses.
Un saúdo
Graciñas Tojeiro,
ResponderEliminar..perdoa que non puxera a entrada antes...acabo de véla...ando moi verde nisto dos blós...
Saúde e sorte
Al ver la estrella de 6 brazos me he extrañado, he ido a comprobar si es algo muy común, y parece que no:
ResponderEliminarhttp://axxon.com.ar/not/160/c-1600059.htm
¿Seria posible reencontrarla?
Ola juan, agradezo o comentario...xa me chamara a atención que tivera seis brazos, pero certamente non lle dera importancia...unha malformación...pensei...pero ao ir ao enlace xa me deu máis que pensar...¿ atopala?...non o creo...a foto é do 1 ...en todo caso nas Sonreiras estaba.
ResponderEliminarOutra vez agradecido...teño outra foto ...subireina.