venres, 2 de xaneiro de 2009

Días de diario, 1de xaneiro do 2009


 
Por un 2009 sen varreduras ¡MENOS CONSUMO!
Primeiro día do ano. Plaia das Sonreiras. Lonxe das infinitas varreduras humanas.


Un extraño día de sureste. Grisalbo e maino. Triste e lixugado. Pingueiro e tépedo.


Os humanos armaron un acceso moi azoso: non deixan curruncho baleiro.

Había anos que non baixaba. Entretuveronme as pedras, e as luces dunha estrelamar.





As fermosas liñas do metamorfismo nas areniscas, ¡qué tanto as mirei de cativo!

... e máis fotos que hai...pero ou é que eu non sei... ou é que blogger non sabe... ou é que perdimos as habilidades... pero non podo mover as imaxes a onde quero... así es que si estás aí, perdón por esta entrada interrumpida... pasa un bó ano... éste e os que veñan.

Despóis de Data: arrimo esta outra foto da estrela de seis brazos...estaba bastante arriba...agradecido de novo a Juan polo seu comentario e o seu achego...moi interesante.

4 comentarios:

  1. Hola Rafael:
    Acabo de descubrir este blog pola reseña que lle fan no blog de Galician Birding, unha auténtica alegría. Mirei agora con presa todo un pouco por encima, pero aseguroche que o seguirei con detemento e atención.
    Por suposto que en canto me sexa posible estará agregado na lista de blogs amigos que aparece no meu, que o teño algo desatendido desde hai uns meses.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Tojeiro,
    ..perdoa que non puxera a entrada antes...acabo de véla...ando moi verde nisto dos blós...
    Saúde e sorte

    ResponderEliminar
  3. Al ver la estrella de 6 brazos me he extrañado, he ido a comprobar si es algo muy común, y parece que no:
    http://axxon.com.ar/not/160/c-1600059.htm

    ¿Seria posible reencontrarla?

    ResponderEliminar
  4. Ola juan, agradezo o comentario...xa me chamara a atención que tivera seis brazos, pero certamente non lle dera importancia...unha malformación...pensei...pero ao ir ao enlace xa me deu máis que pensar...¿ atopala?...non o creo...a foto é do 1 ...en todo caso nas Sonreiras estaba.
    Outra vez agradecido...teño outra foto ...subireina.

    ResponderEliminar