XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

venres, 26 de decembro de 2008

ÁLBUM DE CROMOS BOLBORETAS (Ninfálidos)

As ninfálidas forman unha das familias máis vistosas. Xeralmente dun tamaño destacable e de cores e debuxos rechamantes, moitas delas son fácilmente recoñecibles. Mantendo aínda alguhnas especies poboacións estimables, fanse por iso máis doadamente visibles. Pero outras parecen estar en serio perigo: Aglais urticae, só puiden vela unha vez nos últimos catro anos, no Forgoselo; Nymphalis antiopa, cada día máis rara, ten, que eu saiba unha pequena colonia entre os freixos, planta nutricia, do Río das Somozas... pero andan tumbando... deixa a ver o que dura; Polygonia c-album e Boloria dia , non se deixan ver moito pero habelas hainas. As demáis, de vez en cando, vanse vendo.

Vanessa carduii

Vanessa atalanta


Polygonia c-album

Nymphalis antiopa

Limenitis camilla

Inachis io

Euphidrias aurinia

Boloria dia

Argynnis paphia

Aglais urticae

Aglais urticae fotografeina no Forgoselo; Argynnis paphia nas Somozas e en Trasmonte, Cedeira; Boloria dia, no rego de Loureiros, Moeche; Euphrydias aurinia no areal de Morouzos, en Ladrido, e no rego de Loureiros; Polygonia c-album, Limenitis camilla e Nymphalis antíopa no Río das Somozas; Inachis io, na xunqueira do Río Condomiñas, Cedeira; Vanessa atalanta, no Ponte da Cardeal, Río Mera e, finalmente, Vanessa carduii no Areal de Morouzos, Ortigueira e nas Cubelas, Cedeira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario